O Castelo de Vimianzo albergará este sábado o ‘Desfile do liño’

Cedida.

O Castelo de Vimianzo albergará este sábado o ‘Desfile do liño’, ás 19:00 horas e nunha gala que presentará o modelo internacional e veciño Damián Álvarez. Para asistir é necesario inscribirse en www.vimianzo.gal/turismo. A entrada será de balde ata completar aforo e adxudicarase a entrada por orde de inscrición. Colabora nesta actividade a Asociación de Amigos do Liño de Galicia.

As creacións das artesás e artesáns locais cobrarán vida, con modelos chegados de toda a Costa da Morte e nunha pasarela repleta de vestimentas e complementos elaborados na fortaleza soneirá, nunha cita que pechará o programa de Artesanía en vivo, celebrado este verán, cada sábado neste xenuíno enclave vimiancés.

Ademais, o sábado pola mañá, ás 11:00 horas celebrarase o derradeiro taller, o de Encadernación, ás 11:00 horas e con inscricións dispoñibles tamén en www.vimianzo.gal/turismo.