O Castelo de Vimianzo e os Batáns e Muíños do Mosquetín acollerán visitantes todo decembro

Castelo de Vimianzo

A inscrición poderá realizarse en www.vimianzo.gal/turismo, de balde e o número de prazas estará limitado a 10. As persoas que sexan menores deberán ir acompañadas dun adulto.
Así, durante os días 4, 7 e 8 de decembro, haberá visitas no Castelo tanto ás 11:00 horas como ás 16:30 horas. O domingo 5 de decembro, só ás 11:00 horas. Durante os días 4, 5, 7 e 8 de decembro, os Batáns e Muíños do Mosquetín estarán abertos ás 13:00 horas.
Estas visitas estarán organizadas baixo un estrito protocolo de seguridade e hixiene en base ao contexto sanitario vixente en tanto en canto se teñan que desenvolver.