O Castelo reducirá de 25 a 4 os eólicos instalados entre Coristanco, Tordoia, Santa Comba e Val do Dubra

A repotenciación do parque eólico Castelo foi asinada esta mesma semana pola Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que sairá publicada no Diario Oficial de Galicia nos vindeiros días. Ao abeiro desta iniciativa, que afecta aos concellos coruñeses de Coristanco, Tordoia, Santa Comba e Val do Dubra, eliminaranse un total de 21 aeroxeradores (pasando de 25 a 4) cun investimento de arredor de 23,5 millóns de euros.

Deste xeito, o promotor desmantelará os 25 aeroxeradores instalados neste parque e restaurará tanto as canalizacións como os camiños que queden sen uso. A autorización administrativa para proceder á repotenciación do proxecto Castelo suporá ademais a instalación de catro novos aeroxeradores e dunha liña eléctrica soterrada e a enerxía procedente do parque eólico recollerase nunha subestación transformadora próxima.

Related posts

Rescatan a unha persoa da auga na Coruña, preto da Torre de Hércules, pero faleceu no hospital

A Deputación da Coruña convoca a oitava edición dos Premios PEL

Licitada a construción de sendas peonís nas estradas DP-5602 e DP-1302, en Negreira