O castro de Borneiro, a cidade do fin do mundo

Nalgún lugar perdido da Costa da Morte, na terra das brumas e os mares salvaxes, das xentes recias e os ríos feraces, escóndese unha cidade. Agora dinlle castro, pero ela sempre se soubo cidade. Hoxe, a cibdá de Borneiro está rodeada de bosques, escondida baixo o verde perenne das terras do norte, agachada, coma se fose presa dun ataque de timidez, coma se buscase no silencio o repouso dos séculos. Pasa os días ensimesmada, arrullada polo canto dos paxaros, hollada polas pezuñas de pequenos animais. Con todo, houbo un tempo en que aquí viviu un pobo orgulloso e capaz, homes e mulleres que amaban a natureza e adoraban as fontes, as árbores e as pedras. Aínda non coñeces este indómito lugar? Pois mira o vídeo e déixame que che conte…

Para nhdiario.es por:

Fran Zabaleta
Dirección e fotografía: Pío García

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha