O catedrático Ricardo Cao é elixido novo reitor da UDC

Ricardo Cao, quinto pola esquerda, após a proclamación dos resultados (Foto: E-ME Comunicación).

Tras as votacións deste luns, Ricardo Cao resultou elixido como reitor da Universidade da Coruña (UDC) para os vindeiros seis anos. Candidato de Nova Luce, Cao impúxose ao outro candidato, Fermín Navarrina. A súa candidatura foi elixida maioritariamente pola comunidade universitaria e precisamente a adaptación á LOSU será un dos retos inmediatos do novo mandato.  O relevo xeracional, a internacionalización ou a procura de maior financiamento para a UDC serán outras das tarefas principais para este novo mandato.

A súa elección tivo lugar nunha xornada con voto electrónico desde as 10 horas até as 19 horas e na cal estiveron chamados a participar 18.770 persoas, entre o profesorado, estudantado e persoal de Administración e Servizos. O novo reitor, que substituirá no cargo a Julio Abalde -tamén de Nova Luce, e á fronte do reitorado coruñés desde hai oito anos- conseguiu 2.983 votos fronte aos 1.590 de Navarrina, máis de 65% de apoio en comparación co seu competidor, que foi algo superior ao 34%.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha