O CB Chantada impúxose claramente ao Calvo Basket Xiria (72-59)

O Calvo Basket Xiria non tivo o seu mellor día este sábado na pista do Ucoga Seguros CB Chantada. O equipo carballés non foi capaz de penetrar con claridade a defensa rival, unha das mellores da categoría. En todo caso, puxo empeño desde o inicio cun primeiro cuarto axustado máis tres ao seu favor 14/17. A superioridade local chegaba a partir dese momento, o Chantada ofrecía a súa mellor versión chegando ao descanso 37/31. Co partido medio encarrilado os de Héctor Méndez non se viñeron abaixo e tentaron a remontada que asomaba en táboas no terceiro cuarto cunha gran achega de Rubén Rey, 15/15. Xa na recta final o Chantada volveu minguar con superioridade as posibilidades dos carballeses da man da súa estrela Adriá Trouve, un parcial 20/13 concluía co resultado final de 72 a 59.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha