Héctor Méndez, prefire non mirar moito para a táboa clasificatoria, o Ucoga CB Chantada é líder, e pensar no seu equipo, en mellorar as cousas que non saen ben e recuperar a intensidade de xogo nos 40 minutos, co xogo alegre, equilibrado, dinámico e rápido que caracteriza nesta tempada ó seu equipo. Tras o adestramento do venres o equipo está con gañas de saír a competir dende o minuto un e sobre todo nesta semana, que terán un día mais de descanso, ó xogar o domingo 19 ás 18:00 horas.
Gran plantilla a do equipo chantadino, a mellor en canto os resultados. Un equipo moi equilibrado, con grandes xogadores que destacaron en ligas superiores e dun nivel moi alto na Liga EBA. A nivel defensivo e uns dos mellores da categoría, con xogadores exteriores moi físicos e cun gran control do seu balance defensivo. Por iso, o conxunto carballés terá que facer un gran partido, de moito mérito para conseguir anotar coma de costume e ter opción de conseguir esta vitoria en Carballo.