44
En virtude deste convenio todos os asociados do CCA Carballo que soliciten os servizos de Electricidad Rafael disporán dunha tarifa especial na súa contratación tanto en traballos de instalación como de mantemento.
Así mesmo Electricidad Rafael asesorará gratuitamente a todos os socios que o demanden no relativo a súa factura de consumo eléctrico, verificando se o contratado se corresponde coa mellor opción posible.
Na sinatura deste convenio participaron Rafael García Añón, administrador de Electricidad Rafael e Ricardo Pallas Osinde, presidente do CCA Carballo.
O CCA Carballo agradece a esta empresa carballesa todas as facilidades dadas e a súa implicación á hora de colaborar coa asociación.