O CCA Carballo asinou un convenio de colaboración coa rede de gasolineiras Valcarce

Cedida.

O CCA Carballo asinou un convenio de colaboración coa rede de gasolineiras Valcarce mediante o cal os socios do CCA obterán descontos na repostaxe de combustible que poden alcanzar os 0,10 € por litro.

Na comarca de Bergantiños forman parte deste grupo as gasolineiras da Revolta e Rus en Carballo, San Román na Laracha, e Pazos en Ponteceso, pero en toda España son máis de 600 as estacións de servizo que forman parte desta rede e nas que é válido este acordo.

O convenio entrou en vigor coa súa firma e estará vixente mentras as partes non decidan o contrario.

Na sinatura estiveron presentes: Alberto Camba, responsable de Valcarce, Suso, responsable da gasolinera Valcarce da Revolta, e Ricardo Pallas, presidente do CCA Carballo.

O CCA Carballo agradece a Valcarce todas as facilidades dadas e a súa implicación á hora de colaborar coa Asociación do Centro Comercial Aberto.