O Centro Comercial Aberto de Carballo xa está traballando na próxima edición da Feira das Oportunidades que debido á situación sanitaria na que nos atopamos, por primeira vez en todas as súas edicións, non poderá celebrarse concentrando os stands dos comerciantes baixo unha carpa. Deberá desenvolverse nos propios comercios cun formato similar ao que tivo o último mercadillo. Para tomar a decisión a cerca da data ideal están a recabar a opinión dos asociados, dos que varios deles xa se pronunciaron, inclinándose por adiantar a data tradicional da feira á última semana de febreiro ou a primeira semana de marzo. En calquera caso os asociados poden dar a súa opinión sobre esa data a elexir ata as 20:00 horas deste mércores día 3 de febreiro.
36