O CCA Carballo comunica o adiamento de BioSaúde, polo mal tempo previsto para esta fin de semana

A previsión de climatoloxía adversa para os días 10 e 11, obríga ao Centro Comercial Aberto a aprazar este evento ao aire libre concebido como un espazo de encontro arredor da saúde, o benestar e o respecto pola natureza. 

Desde o CCA piden desculpas polas molestias que este cambio de última hora poida ocasionar a expositores, relatores e, por suposto, ao público xa inscrito nas diferentes actividades. Así mesmo, queren agradecer a implicación, interese e comprensión de todas as persoas involucradas na organización e asistencia a este evento. 

Nos vindeiros días, informarán das novas datas previstas.

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar