O CCA Carballo entregou os premios da campaña do Día da Nai e do sorteo de BioSaúde

2 minutes read

O Centro Comercial Aberto de Carballo fixo entrega esta semana dos premios correspondentes á campaña do Día da Nai e ao sorteo celebrado durante a segunda edición de BioSaúde, dúas iniciativas coas que se continúa impulsando o comercio local e premiando a fidelidade da clientela.

A entrega dos premios da campaña do Día da Nai tivo lugar na Florería Taibo. Nesta acción repartíronse oito cheques para consumir nos establecementos adheridos ao CCA Carballo. As persoas premiadas cos vales de 50 euros para hostalería foron Alba Rodríguez Lamas, Elsa Oreiro Cancela, Marisol Varela Busto e María Beatriz Núñez Suárez.

Por outro lado, os vales de 50 euros para comercio recaeron en Lara Villar Núñez, Daniela Antelo Varela, Yeni Piñeiro Sánchez e Alberto Iglesias Iglesias. Todos os afortunados/as son residentes en Carballo agás unha persoa da localidade da Agualada (Coristanco).
Por outra banda, este venres 18.30 horas, en Informática Valem, celebrouse a entrega dos premios do sorteo de BioSaúde, no que se repartiu unha cesta elaborada con produtos doados polos expositores participantes e cinco cheques de 20 euros para consumir no comercio adherido ao CCA. Neste caso, as persoas gañadoras foron:

  • Lucía Buyo García, gañadora da cesta de produtos e dun cheque de 20 euros (Betanzos)
  • María Buyo García, gañadora de dous cheques de 20 euros (Betanzos)
  • Francisco Felípez Canedo, gañador dun cheque de 20 euros (Carballo)
  • Juan José Velasco Rodas , gañador dun cheque de 20 euros (Carballo)

Desde o CCA Carballo trasladan os seus parabéns a todos os premiados/as e agradecen, unha vez máis, a participación de toda a veciñanza nesta campaña así como a confianza depositada no comercio local para realizar as súas compras.
E, a quen desta volta non lle sorriu a sorte, terá unha nova oportunidade o vindeiro 6 de xuño coa campaña “Que Rule, que rule!”, que se celebrará na Praza do Concello a partir das 11.00 horas. Durante toda a xornada, unha ruleta repartirá máis de 1.000 premios directos, entre agasallos e experiencias) ademais do sorteo de catro cheques de 100 euros cada un. Nos próximos días darase a coñecer máis información sobre esta nova iniciativa do CCA Carballo.