O CCA Carballo entregou o segundo premio do «MercaeDillo»

Tras a primeira entrega en «A Fragua de Mo», realizada a unha persoa de Xoane o pasado día 17, esta fin de semana o CCA Carballo entregou o seu segundo premio correspondente ao sorteo da campaña «MercaeDillo», consistente nun cheque de compra de 300 euros, que a persoa gañadora poderá consumir nas tendas do CCA Carballo ata o próximo 30 de decembro. Neste caso a agraciada foi unha veciña de Ponteceso, que recolleu o seu premio na tenda «Teirón Surf», na rúa Valle Inclán 21.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha