0
O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo organizará os días 9 e 10 de maio a segunda edición de BioSaúde, un espazo de encontro arredor da saúde, o benestar e o respecto pola natureza que busca promover un consumo responsable, hábitos de vida saudables e unha maior conciencia ambiental. A feira celebrarase ao aire libre na Praza do Concello e contará coa participación de dezasete expositores a maiores do da organización, na súa maioría locais, pertencentes a sectores como a alimentación, a cosmética natural, a moda sostible, as terapias alternativas, a nutrición ou os produtos de hixiene e limpeza ecolóxica. É importante lembrar que en caso de choiva, a feira trasladarase ao segundo andar do Mercado Municipal.