O CCA Carballo inicia o reparto das súas bolsas corporativas entre os seus asociados


Neste caso serán dous os tamaños ofertados e dúas as mensaxes, que coinciden coa campaña comercial de primavera. Desde o CCA afirman que con esas mensaxes da bolsa pretenden destacar o esencial papel que teñen os seus clientes na vida diaria do comercio e da vila. Ademais de destacar e agradecer aos clientes do comercio local a súa fidelidade e acompañamento nestes tempos en que a pandemia nos puxo a proba a todos. Así as bolsas levan impreso “esta persoa fai grande Carballo” por unha cara, e “esta persoa mentén viva esta rúa” pola outra.