O CCA Carballo pon a disposición dos seus asociados un curso de formación en marketing dixital

0 minutes read

O Centro Comercial Aberto de Carballo pon ao dispor dos seus socios un curso de adaptación e formación en marketing dixital. Esta formación será gratuíta e desenvolverase no propio establecemento asociado. Consiste en sesións individuais, dunha hora, cos seguintes contidos:

 Formas de utilizar os canais dixitais para unha empresa

 Como utilizar e xestionar as redes sociais

 Utilizar whatsapp como empresa

 Como ter presenza en Google cando os teus clientes fan búsquedas

 Aprender a utilizar Facebook como empresa

 Aprender a utilizar Instagram como empresa

O prazo de inscrición remata este sábado 30 de maio.