O Centro Comercial Aberto de Carballo pon en marcha a “tarxeta de socio CCA” coa que intenta potenciar as vendas cruzadas entre os seus propios asociados.
Unha trintena de comercios, polo momento, ofrecen vantaxes cando outro asociado presenta a tarxeta no momento de realizar as súas compras.
Nesta primeira fase a tarxeta vai dirixida aos titulares dos establecementos pero nunha segunda fase espérase ampliala aos seus empregados.
A tarxeta leva incorporado un código QR no que ao escanealo podemos ver todas as vantaxes ofrecidas por cada un dos asociados.