O CCA Carballo prepara unha Feira das Oportunidades para a segunda semana de marzo

1 minutes read

O Centro Comercial Aberto de Carballo xa está a traballar na que será a súa 16ª Feira das Oportunidades, un evento comercial que terá lugar a fin de semana do 10 de marzo, o sábado e o domingo sen dúbida e o venres pola tarde decidirano entre os comerciantes que participen.

En principio mantéñense as condicións do último ano:

•Desenvolverase baixo unha carpa instalada no aparcamento do Rego da Balsa co fin de aproveitar a amplitude de prazas de aparcamento circundantes.

•Os establecementos asociados participantes aportarán 20 € por m2 (ive incluído) de stand ocupado.

•Caso de quedar espazo dispoñible, poderían participar establecementos non asociados cun prezo de: Stand de 6 m2 : 350 € (ive incluído). Cada m2 a maiores 45 €

•No caso de necesitar probador este terá un custo de 35 € (ive incluído)

•O horario da feira será:

Sábado: de 10 a 15 horas e de 16 a 21 horas

Domingo: de 10 a 15 horas e de 16 a 20 horas

A data límite para formalizar a inscrición será o martes, 30 de xaneiro, ás 14:00 horas.

No caso de estar interesado/a nesta iniciativa deberás contactar coa asociación, indicando os m2 que estimas necesarios para o teu stand.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?