O CCA Carballo repartiu mil euros en vales de compra para o comercio local

1 minutes read

Esta campaña denominada ‘Mercar no teu comercio ten premio’ está impulsada pola Federación Galega de Comercio co apoio da Xunta de Galicia co obxectivo de achegar o consumidor aos establecementos locais e poñer en valor as súas vantaxes. Os tíckets das compras realizadas no comercio local ata finais de novembro poderán cambiarse por boletos de participación no sorteo en directo de premios, consistentes en tarxetas prepago de 30 e 50 euros. Nesta ocasión a iniciativa contou coa colaboración do Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo. Todos os clientes que realizaran compras no comercio de proximidade desde o pasado 20 de outubro puideron participar no sorteo en directo de 1.000 euros en premios. O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, estivo presente no sorteo e salientou o papel das asociacións de comerciantes no impulso dos negocios locais, traballando de xeito conxunto para incrementar a súa competitividade e achegar novos servizos aos consumidores.