Este venres 9, ás 14 horas, procederase ao sorteo en directo (a través do Ig) do interior da Globoteca (7.300€), que nesta ocasión contará con dous gañadores/as que percibirán 73 cheques, valorados en 50€ cada un, para gastar en cada un dos comercios participantes na campaña do CCA.
Tras coñecer a identidade dos gañadores/as, ao longo da vindeira semana, procederán á entrega dos cheques ás persoas afortunadas.
Asistirán:
– Daniel Pérez, alcalde de Carballo
– Xosé Regueira, concelleiro de Promoción Económica e Turismo
– Ramón Varela, concelleiro de Feiras e Mercados
– Representante de Vázquez y Reino, empresa carballesa patrocinadora da campaña de Nadal do CCA Carballo
– Membros da Xunta Directiva do CCA