21
Logo dunha consulta interna entre os asociados para ubicala no calendario , o CCA Carballo traballa para a celebración dunha nova edición da Feira das Oportunidades, resultando como a data máis votada, por amplísima maioría, a primeira semana de marzo, é dicir desde o día 1 ao 6 de marzo. En calquera caso todo está suxeto á evolución da desescalada da pandemia da que estamos pendentes, polo que si continuasen as restricións podería ser posposta. De poder celebrarse, o formato da feira sería nos propios comercios, duraría toda a semana e a participación sería gratuíta para os asociados. Para participar é necesario inscribirse antes do día 15 de febreiro, ás 20:00 horas.