Debido á situación sanitaria, para garantir todas as medidas de desinfección e aforo recomendadas, celebrarase nos propios establecementos participantes os días 26, 27, 28 e 29 de agosto, (de xoves a domingo).
Participan na actividade 31 comercios dos sectores máis variados aínda que o máis numeroso é o sector de moda (textil, deporte, calzado, complementos,…).
Non obstante tamén poderemos atopar: xoguetes, electrodomésticos, tecnoloxía, óptica, colchóns,….
Os descontos alcanzan, nalgúns casos, o 70 % en artigos de máxima calidade como ofrece a diario o comercio local carballés.
Ademais de cartelería ou publicidade propia os establecementos participantes gozarán dunha decoración diferenciadora que os visibilizará con claridade.
Para o seu desenvolvemento, esta actividade contará co apoio da Xunta de Galicia, Concello de Carballo e Deputación da Coruña.