O CCA de Arteixo recibe unha axuda autonómica de 35.200 euros

A Xunta vén de conceder apoios por máis de 161.000 euros a 8 centros comerciais abertos e prazas de abastos da comarca da Coruña para impulsar a competitividade do sector. Apoiaranse a 4 centros comerciais abertos, concretamente, dous da cidade da Coruña, un en Betanzos e outro en Arteixo, ao que particularmente lle serán entregados 35.200 euros. Estas achegas destínanse a proxectos que inclúan iniciativas de dinamización comercial, sistemas de fidelización, sinalización externa ou mellora da competitividade comercial, entre outros. Outras das actuacións apoiadas son a creación de sinerxías e oportunidades dixitais a través do asociacionismo, con axudas para a posta en marcha de solucións dixitais para a venda e promoción de produtos dos comercios asociados e mellora e modernización da imaxe do centro comercial aberto, a implantación e mellora do portal web do CCA ou marketing dixital. Estos apoios como novidade tamén van dirixidos á loxística ecommerce (gastos de envío on line) e para o mantemento de unidades xerenciais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha