O CCA de Carballo adopta novas medidas de apoio ao tecido empresarial

Edición Mercadillo CCA Carballo 2019_ Arquivo.

A directiva do CCA de Carballo tras a súa última reunión e á espera doutras accións das diferentes administracións, tomou unha serie de medidas e decisións para tentar axudar aos seus asociados dentro das súas posibilidades, pero tamén en apoio de todo o tecido comercial e empresarial de Carballo. Neste caso moitas das medidas son de apoio aos empresarios e comerciantes, pero tamén aos seus clientes.

SUSPENSIÓN DA CUOTA DE ASOCIADO DURANTE O ANO 2020 E INVITACIÓN AO SECTOR PRODUCTIVO DA BISBARRA

O CCA xa viña practicando a medida nos últimos dous meses, para que ningún asociado se poida ver na necesidade de deixar a asociación e poida seguir a facer uso dos servicios do CCA participando de tódalas actividades que se programen neste ano tan difícil. Desde o CCA entenden que para cada comerciante será unha axuda insuficiente, máis para a asociación é un gran esforzo valorado nuns 20.000 euros, pero non teñen dúbida que tiñan que facelo. Deste xeito, o reto para esta directiva será maior, afrontar o segundo semestre, plantexando novas axudas e campañas á súa xente, cuns medios máis escasos.

Desde o CCA fan un chamamento a todo o comercio a formar parte do Centro Comercial Aberto de Carballo nas mesmas condicións anunciadas, podendo facer uso dos seus servizos e participar das súas actividades e campañas SEN CUOTAS DE ASOCIADO NIN PERMANENCIA durante todo o ano 2020.

ENCONTRO E AXUDAS.

O vindeiro VENRES 22 de MAIO de 20:00 a 21:00 convocan aos asociados a un encontro telemático, para que poidan tomar a palabra e pulsar as súas opinións e peticións.

Tamén comunican que seguen traballando en diferentes proxectos: o carnet do comerciante, formación e modernización dixital e campañas de imaxe así como as de promoción comercial, que esperan ir cerrando nos vindeiros días.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha