Logo de varias conversas entre ambas partes para tratar a situación do comercio local, gravemente afectado pola crise do Covid-19 e coincidindo coa nova fase de desescalada que se aveciña, a xunta directiva do Centro Comercial Aberto de Carballo ten prevista unha reunión telemática con membros do Goberno local este sábado 2 de maio ás 11:30 horas. A finalidade é debater accións que colaboren nun arranque seguro do comercio local, tanto desde o punto de vista sanitario e da seguridade como do económico e empresarial. Cuestións preocupantes para o sector como, accións para incentivar o consumo, campañas de promoción, venda on-line ou liñas de finanzamento para pemes e autónomos, serán algúns dos temas a tratar na xuntanza telemática prevista.
O CCA e o Concello de Carballo manterán este sábado unha xuntanza telemática
Imaxe de arquivo.- Presentación do Mercadillo CCA o pasado mes de setembro.