O CEIP de Caión colaborará con ADEGA e o Concello da Laracha na limpeza de praias

1 minutes read

O vindeiro venres 15 de outubro o CEIP de Caión coordinará e colaborará na limpeza de praias organizada pola ADEGA simultaneamente en varios puntos de Galicia. As previsións meteorolóxicas son boas, polo que agardan non ter que adiar a data prevista. A recollida comezará ás 10:00 horas e terá unha duración de 3 horas, aproximadamente.

Nesta edición volverase a contar coa colaboración e implicación do alumnado de outros centros do Concello da Laracha. Asistirán os nenos de 5º e 6º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco e os de 6º curso do CEIP Ramón Otero Pedrayo da Laracha. Dado que a situación pandémica mellora quixeron volver á «normalidade» convidando aos demais centros do municipio e respetando a separación repartíndose a colaboración na limpeza en diferentes areais para cada centro.

O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente.