A xornada está organizada pola ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) simultaneamente en varios puntos de Galicia.
Ante o grave problema que está a supoñer a contaminación dos mares
polo vertido indiscriminado de lixo e plásticos, dende o CEIP de Caión parécenos de vital importancia inculcar no noso alumnado actitudes de respecto e coidado do medio ambiente, e coidamos que non hai mellor maneira de facelo que atallando o problema dende o máis próximo, o que ven cada día.
O CEIP de Caión vai colaborar nesta VIII Edición da limpeza simultánea de praias e, ao ser un centro educativo, farao o este venres 25, de 10:00 a 13:00 horas. Levando a cabo, á súa vez, o rol de coordinadores de diversas asociacións e empresas que teñen gran vinculación co mar de Caión e que non dubidaron en acudir a esta chamada (empresas de surf e náutica da vila). Asemade acudirán alumnado de outros centros educativos (de Paiosaco e A Laracha). O Concello da Laracha tamén colaborará dun xeito activo, facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente.