Será unha actividade que se celebrará simultaneamente en varios puntos de Galicia.
O CEIP de Caión recibiu a invitación por parte da Adega (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) de colaborar nesta XI Edición da limpeza de simultánea de praias . Esta gran recollida estaba planificada para outubro, mais houbo que adiala polo mal tempo. Finalmente será este xoves 10 de novembro, onde as previsións meteorolóxicas serán boas.
Nesta edición colaborará o alumnado de outros centros do Concello. Así asistirán nenos e nenas de 5º e 6º do CEIP Alfredo Brañas, de Paiosaco e os de 6º curso do CEIP Ramón Otero Pedrayo, da Laracha.
O Concello tamén colaborará dun xeito activo facilitando medios e materiais precisos para que a limpeza poida facerse segura e eficazmente. Recoméndase a todo o alumnado que vaia con lubas, calzado e roupa axeitada á situación climatolóxica.
28