14
Co alento do músico e docente Jose Carballido, esta escola demostrou ser unha vizosa canteira para o certame e ata case medio cento de nenos e nenas participaron no casting previo do colexio para integrar o grupo, que finalmente conta com once participantes. A canción ‘Nada pode pararme‘ compúxose especialmente para o proxecto de educación emocional que desenvolve o centro educativo e na súa mensaxe, «quere animar ao alumnado a reflexionar sobre as emocións, a confianza nun mesmo e a importancia de non renderse ante as dificultades».