O CEIP O Areal de Camariñas participará na nova edición do programa educativo Escola Verde


Trátase dunha iniciativa concibida para acadar cambios en certos comportamentos e fomentar actitudes responsables coa contorna e o medio ambiente entre a comunidade escolar galega. No curso 2022-2023 están inscritos nove centros de educación infantil, primaria e secundaria —seis participan por primeira vez e tres repiten experiencia— que aglutinan preto de 1.600 alumnos. Entre eles, cómpre subliñar a participación do CEIP O Areal de Camariñas, coa temática ‘Comando Verde no Areal’. O programa Escola Verde, impulsado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, arrancará de forma oficial cunha xornada formativa telemática, que se celebrará este mesmo mes de novembro e vai dirixida aos 130 profesores encargados de coordinar a iniciativa nesta edición.