O CEIP Otero Pedrayo da Laracha, triunfador na fase local de a campo través escolar dos Xogos Galegos Deportivos

1 minutes read

O CEIP Otero Pedrayo, da Laracha, foi o gran triunfador na fase local de a campo través escolar dos Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar, que se celebrou no campo das Eiroas en Carballo organizada polo programa Xogade, da Xunta de Galicia, en colaboración co Concello de Carballo e a Federación Galega de Atletismo. No municipal carballés déronse cita 1.021 nenos e nenas de once centros de ensino de catro concellos: A Cristina, Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán, Nétoma-Razo e Xesús San Luís Romero, de Carballo; Alcalde Xosé Pichel e Bormoio-Agualada, de Coristanco; Otero Pedrayo e Caión, da Laracha, e Galán, de Arteixo.

O Otero Pedrayo sumou 6 podios nas oito carreiras disputadas, por diante de A Cristina e Fogar (4), Coristanco, Caión e Bergantiños (3) e Sofán (1).

A fase final provincial de a campo a través para centros escolares celebrarase tamén en Carballo, o 6 de marzo do 2020, no circuíto exterior da zona verde do polígono industrial de Bértoa.