O Celta en postos de descenso

0 minutes read

Perdeu 1-0 ante o Valencia e xa suma 8 partidos sen gañar, puido rascar algo máis. Comandados por Iago Aspas, quedaron preto do gol pero os celestes seguen inmersos nesta mala dinámica. Óscar expuxo unha defensa de cinco, onde Iago Aspas e Rafinha brillaban no ataque celeste. Polas súas dúas zurdas pasaba todo o perigo galego. O de Moaña fixo traballar a Jaume. Pero ao final, no minuto 77, un solitario tanto de Carlos Soler aúpa aos ches á cuarta praza e deixa ao Celta en postos de descenso.