Trátase da primeira fichaxe do conxunto celeste, que logra unha incorporación de primeiro nivel para o seu novo proxecto. Denis Suárez tiña varias ofertas encima da mesa, pero o Valencia, un dos máis interesados, non acabou realizando o esforzo que pedía o Barça para pechar a operación. Si o fixo o Celta, que investirá unha cantidade importante polo galego, que xa xogou nas categorías inferiores da entidade e sempre mostrara a súa vontade de vestir de novo esa camiseta.