Despois de que Iago Aspas se retirase lesionado ao cuarto de hora de xogo, o Celta seguiu engordando os seus bos números de pretemporada en Alemaña. Ante o Unión Berlín, un conxunto recentemente ascendido á Bundesliga, os vigueses conseguiron un contundente 0-3. Paradoxalmente, nesta goleada o céltico máis destacado foi o seu porteiro Rubén Blanco. O mosense levantou un muro en Berlín. As paradas do canteirán, catro delas de moito mérito, mantiveron a cero a portería dun equipo con dúas caras. Fráxil defendendo e con pegada arriba. O mesmo Celta bipolar das últimas tempadas.