A entidade que preside Carlos Mouriño anunciou este xoves que alcanzou «un acordo de redución salarial» cos integrantes do corpo técnico e xogadores do primeiro equipo e do filial. O Clube considérao «necesario» tras o cesamento de actividade motivado pola declaración do Estado de Alarma en España para frear a COVID-19. «O R. C. Celta, tratando de actuar coa máxima coherencia e responsabilidade, dá un importante paso para afrontar coas maiores garantías posibles o suposto de que a competición de Liga non se poida reiniciar», destaca no seu comunicado o Celta, que tamén aplicará esta redución ao resto de empregados que superen unha cantidade económica que non quixo desvelar.
O Celta pacta unha «necesaria» redución salarial
Foto.- Arquivo.