- Perdeu este sábado 1-3 ante o Real Madrid en Balaídos.
Os de Zidane saíron ben formados no seu estreno, serios e ao ritmo que lles gusta: moito balón e profundidade. O once, que ben podería corresponder ao ano pasado, expuña dúbidas pola ausencia de novidades, pero por momentos lembrou á máquina perfecta que nalgún momento foi o Real Madrid.