Unha vintena de réplicas achegan ao visitante do Centro Arqueolóxico Dolmen de Bombate, en Cabana de Bergantiños, á riqueza dos monumentos de Galicia.
As maquetas están realizadas con pezas dun xogo de construción que marabillará aos máis péquenos e espertará os recordos aos maiores de 40.
A fachada da Catedral de Santiago, formada por 30.000 pezas, e o derrubado edificio Castromil pódense gozar nesta recreación.
Maquetas de castelos, pazos, faros e igrexas das catro provincias conforman a exposición. Organizada pola Asociación EXIN Castelos e West, conta co apoio da Xunta de Galicia.