- A inauguración será este xoves ás 19:00 horas
Con motivo do Día Mundial contra o Cancro, que se celebra este venres 4 de febreiro, o centro cívico e cultural de Malpica acollerá a exposición de fotos ‘Asociación Española Contra o Cancro: 50 anos cambiando a historia do cancro’. Trátase dunha recompilación de imaxes onde se fai un percorrido por todos os labores de investigación e apoio realizados pola Fundación Científica Asociación Española Contra o Cancro (AECC).
A inauguración será este xoves, ás 19:00 horas, e a mostra poderá visitarse ata o 18 deste mes. O Concello tamén colabora nesta iniciativa e lembra a importancia de facerse socios dunha entidade que segue loitando para mellorar a calidade de vida dos enfermos e alcanzar o 70% de supervivencia no ano 2030.