O Centro Cívico de Malpica acollerá a exposición ‘Madeiras do mar’

1 minutes read

O Concello de Malpica segue sendo referente en actividades culturais. O Centro Cívico acollerá desde este venres a exposición «Madeiras do mar» de Ruth Beltrán.

Hai tres anos, naceu Madeira Zombi, un proxecto artístico que recupera madeiras abandonadas para dotalas dunha nova vida a través da súa conversión en pequenas obras de arte.

Estas son madeiras do mar. Madeiras recollidas nas praias e nas rochas que tiveron antes unha vida útil, vinculada a oficios e paisaxes. Son tamén unha homenaxe á tradición mariñeira e ás historias de persoas e empresas que co seu esforzo vital fortaleceron o vínculo de Galicia co mar.  Algunhas das fotos recollen momentos do pasado coma embarcacións, industrias, oficios. Outras son imaxes da propia vida mariña. Cada unha delas é transferida despois á madeira escollida de forma artesanal. Todas son únicas e irrepetibles.

A mostra poderá visitarse dende o 1 de decembro do 2023 ata o 14 de xaneiro do 2024. A actividade está organizada pola concellería de Cultura do Concello de Malpica.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?