O Centro Cívico de Malpica acollerá a exposición ‘Pegadas no Tempo’

O vindeiro sábado, o espazo expositivo do Centro Cívico de Malpica abrirá as súas portas á exposición «Pegadas no Tempo» da coristanquesa Isabel Soutullo.

A concelleira Noelia Freijeiro segue demostrando un compromiso continuo para dinamizar a cultura impulsando eventos culturais como o que inaugurará o vindeiro sábado 7 de outubro ás 20.00 horas.

A exposición poderase visitar desde o 7 de outubro ata o 5 de novembro de 08.30 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha