Germán Riveiro Bértoa (do establecemento Zocas) presidente desde maio de 2021, agardaba estes días poder dar paso a novas caras, e así foi. Na asemblea extraordinaria para elixir presidente ou presidenta e demais membros da xunta directiva da entidade, celebrada este xoves pola noite nun céntrico restaurante carballés, votouse a candidatura que agora se responsabilizará da xestión do equipo. Como presidente foi elixido Carlos Cousillas Mosquera (Florida Centro Xoia). Secretaria: Silvana Rama Corral (Akira). Tesoureira: Elena Taibo Suárez (Florería Taibo). E vogais: Marcos Silva Gómez (taberna O Lambón), María Alonso Bardanca (Teirón) e Belén Porteiro Mallo (lenzaría Mª José). A nova directiva aínda terá a sorte de poder contar co incansable apoio da Xerente, Maricarmen Freire Areosa, que ten previsto deixar o cargo por xubilación o próximo mes de xuño, tras 22 anos no posto.