O Centro Coreográfico Galego e a compañía Artístika estrean en Vimianzo a coprodución ‘Saias do mar’

Saias do mar é unha proposta de danza contemporánea inspirada no Camiño da Traslatio que homenaxea á muller galega e a súa conexión ancestral co mar. A cita será este domingo 26 de abril ás 18:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo.

A peza foi presentada este martes no Concello nun acto no que participaron a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutíl, a Concelleira de Cultura, Rosa Blanco; xunto co equipo artístico da compañía.

A alcaldesa de Vimianzo puxo en valor a satisfacción do Concello por acoller esta iniciativa cultural e trasladou o agradecemento ao Centro Coreográfico Galego pola súa aposta por Vimianzo como sede de residencia artística e de estrea desta produción escénica.

Jacobo Sutil, salientou o “frutífero momento creativo” que está a vivir a danza en Galicia, tal como se reflicte na cantidade e variedade de espectáculos actuais en repertorio que recolle o catálogo dixital publicado a pasada semana, coas referencias de 137 títulos de 55 formacións. 

Related posts

Un Paso Máis e a USC unen camiños para potenciar a formación de futuros profesionais en educación

Nace a plataforma ‘Stop Biogás A Laracha’, para esixir a cancelación do proxecto da planta proxectada en Soandres

Malpica impulsa un ciclo de contacontos cunha nova edición de “Tardes na Biblioteca”