O centro de día de Miño acollerá este mes aos seus primeiros usuarios

A previsión era que a comezos de 2020 o centro acollera aos primeiros usuarios, pero isto non foi posible por mor da pandemia. Agora son oito maiores os que se incorporan ao centro, posibilitando a apertura e posta en funcionamento deste equipamento que se inclúe na rede pública de atención ás persoas maiores da Xunta de Galicia.

Este centro para os maiores de Miño e da súa contorna dispón de 360 metros cadrados repartidos entre planta baixa e primeira planta. Conta con comedor, sala de rehabilitación, sala de enfermería e curas, e sala polivalente para diversas actividades. Esta última ten ademais unha parte de galería. O centro dispón dunha capacidade máxima de 30 prazas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha