As obras están en fase de licitación ata o 28 de maio e terán como obxecto solventar as deficiencias detectadas no inmoble, cunha superficie construida de 1.000 metros cadrados, despois de bastante tempo sen actividade.
Os traballos inclúen a rehabilitación da cuberta e susbtitución dos elementos máis deteriorados, coma canalóns e baixantes ou as tellas do módulo dereito do edificio, o saneamento da estrutura metálica e limpeza dos vidros da marquesina de acceso do edificio.
Limparanse con chorro de area a fachada e os pavementos de pedra exteriores, eliminando posteriormente as gretas ou fisuras con cemento especial e aplicando un tratamento impermeabilizante elástico en dúas capas.
No interior restaurarase a carpintería metálica e de madeira, substituindo os elementos deteriorados, reporase a tarima flotante e desmontaranse os vidros para substituilos por un novo acristalamento laminar de seguridade e aplicarase pintura antihumidade.
A Deputación da Coruña investirá 44.297 euros na rehabilitación integral deste Centro de Interpretación do Buño Oleiro e Terras de Bergantiños (CIOBTB), situado en A Camposa (Malpica).