O centro especial de emprego de Lamastelle recibe unha axuda de máis de 522.000 euros

Cedida.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o centro especial de emprego Hornos Lamastelle fundado en 1991. Na actualidade o seu persoal está composto por preto de 80 persoas.

Trenor destacou que este tipo de centros de traballo contan cunha importante achega da Xunta para poder levar a cabo a integración laboral entre persoas que teñan un grao de discapacidade superior ou igual ao 33%. Lamastelle recibiu, na convocatoria 2020-2021, unha achega para poder manter a súa actividade de máis de 522.000 euros. Estes apoios convócanse de forma bianual pola Consellería de Emprego e Igualdade.

O representante do goberno autonómico destacou que “na comarca da Coruña desde a Xunta de Galicia estamos apoiando 17 centros especiais de emprego nos que investimos, na última convocatoria de axudas 2020-2021, 2,1 millóns de euros”. A actuación enmárcase no orzamento global que a Xunta ten destinando cada ano a programas específicos para o emprego inclusivo.