O Centro Municipal de Formación de Carballo ofrece dous novos cursos de soldadura e cociña 

1 minutes read

O Centro Municipal de Formación, xestionado pola Concellaría de Innovación, Fondos europeos, Formación, Emprego e Axenda urbana, aposta pola formación dos mellores profesionais para dúas profesións con gran saída laboral: soldadura e cociña. O 2 de novembro porase en marcha un curso en cada unha destas especialidades e tes a posibilidade de participar.  

  • COCIÑA con 828 horas (02/11/2023-20/06/2024, en horario de 9.00 a 14.00) 
  • SOLDADURA CON ELECTRODO E TIG con 758 horas (02/11/2023 – 06/05/2024 en horario de 8.30 a 14.30) 

Ámbolos cursos son de nivel II, é dicir, as persoas participantes deben posuír, mínimo, algunha das seguintes titulacións: 

  • ESO 
  • Certificado de profesionalidade de nivel II de calquera familia 
  • Certificado de profesionalidade de nivel I da mesma familia e área profesional 
  • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas 
  • Proba superada de acceso a universidade para maiores de 25 anos ou de 45 
  • Superadas as competencias clave de nivel II 

As persoas interesadas deben acudir á oficina de emprego para inscribirse, pero se precisades calquera información adicional podedes dirixirvos ás oficinas municipais do segundo andar do Fórum Carballo ou chamar aos números de teléfono 981 709 010 / 981 709 011.