Carballo | O Centro Social de Imende acollerá a presentación do plan especial de Pedra do Sal

Plano de la zona afectada por el plan_ Concello de Carballo

Tras ser aprobado de xeito inicial na Xunta de Goberno Local celebrada esta mesma semana, o plan especial de ordenación do núcleo de Pedra do Sal e de protección do seu entorno será presentado á veciñanza nun acto público programado para o xoves 14 de outubro no Centro Social de Imende.

Dada a situación sanitaria, o aforo será limitado, polo que, coa finalidade de facilitar a asistencia do maior número de persoas posible, están previstas dúas quendas de presentación: a primeira, de 18.00 a 19.30 horas, e a segunda, de 19.30 a 21.00 horas. Para asistir a calquera delas será imprescindible inscribirse con anterioridade. As persoas interesadas deben chamar ao 981704705 e facilitar os seus datos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha