O centro sociocomunitario de Caión acollerá unha exposición fotográfica sobre o ‘Mar de Ardora’

1 minutes read

Mar de Ardora é o termo co que se denomina o fenómeno que provoca que a auga do mar brille na escuridade. Este espectáculo natural dáse en zonas específicas do océano e baixo unhas condicións moi concretas. Varios retratistas da Costa da Morte teñen plasmado este fenómeno natural nas súas instantáneas.

Neste caso, a fotoperiodista Ana García vén documentando desde o ano 2020 a beleza deste fenómeno na Costa da Morte, traballo que ofrece ao público na exposición itinerante Mar de Ardora que este venres ás 20:00 horas será inaugurada no centro sociocomunitario de Caión.

A mostra consta de 16 fotografías nas que se pode contemplar a bioluminiscencia do Mar de Ardora cunha combinación doutros fenómenos como o ariglow (luminiscencia nocturna) e a chuvia de estrelas, entre outros. Poderase visitar ata o 30 de novembro, de luns a venres, en horario de 17:00 a 20:00 horas, con acceso gratuíto.