Do 23 de maio ao 16 de xuño pode visitarse a exposición fotográfica “Nós tamén fomos emigrantes” no Centro Sociocultural de Baio. A mostra está composta por unha escolma de fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. As 40 fotografías que compoñen a mostra son en branco e negro e foron realizadas por distintos fotoxornalistas da Axencia EFE.I
O Centro Sociocultural de Baio está aberto de martes a venres, en horario de 15:30 a 21:30 horas, e os sábados de 10:00 a 18:00 horas. A entrada é de balde.
Esta actividade enmárcase no programa “Corrente Cultural” de Afundación de Abanca e que ten como obxectivo espallar cultura por toda Galicia coa colaboración dos diferentes concellos.
