O Centro Sociocultural de Baio acolle a mostra itinerante “As antas da Costa da Morte”


O Centro Sociocultural de Baio acolle a mostra itinerante “As antas da Costa da Morte”, cedida polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM).

A exposición está composta por vinte paneis a través dos cales se realiza un percorrido polos principais monumentos fúnebres do megalitismo que se atopan na Costa da Morte entre os que están Pedra Vixía, Arca da Piosa, Pedra da Arca, Pedra da Moura, Pedra Cuberta, Dombate, entre outros. A mostra ten a súa orixe no libro “Polas antas e mámoas da Costa da Morte”, de Xosé María Lema Suárez.

Pode visitarse de martes a venres, en horario de 15:30 a 20:30 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas.